Marzo artístico In Fene

CONCELLERÍA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE

Marzo artístico In Fene

Programa destinado para todos aqueles rapaces e rapazas entre 11 e 16 anos co obxectivo de cubrir as tardes dos venres dun xeito divertido e grupal.
Hoxe  venres  11 de marzo, o grupo se reunirá no local da AVV de Perlío de 16.30 a 18.30h.Nesta ocasión terá lugar a esperada estrea dos stop motion, para ver o resultado final dos vídeos de animación deseñados e gravados polos rapaces e rapazas de IN FENE. Ao longo da tarde terá lugar un obradoiro de fotografía no que aprenderemos trucos para sacar fotos urbanas, de retrato entre compañeiros/as e tamén algunha técnica fotográfica coma o Lightpainting, que consiste en "pintar con luz" nunha exposición prolongada.
Continuarase con diferentes xogos e probas cooperativas nos que a aprendizaxe e a diversión está asegurada...o vas a perder? VEN A IN FENE!
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO  MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS.
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal