CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO
Entrevista do alcalde de Fene no Taller de Radio da Biblioteca Municipal
11-03-2016
Achegar aos nenos/as ao medio radiofónico mediante o xogo, a investigación e a creatividade sonora, son os principais obxectivos que se pretenden acadar con esta actividade na participan 8 nenos/as de 9 a 12 anos.No decurso do taller (que se reparte en catro sesións de hora e media de duración) os/as participantes realizan tarefas propias de productores, redactores e locutores dun programa de radio que a finais de mes gravarán na emisora municipal de Fene (e do que recibirán copia).