DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA
Normas de cobranza en período voluntario do imposto sobre vehículos de tracción mecánica 2016
14-03-2016
O prazo de ingreso voluntario será do 10 de marzo ao 18 de maio, ambos inclusive.O ingreso poderá realizarse na caixa de calquera das entidades colaboradoras que se indican de seguido, ou tamén en caixeiro automático ou por internet (se a entidade colaboradora elixida dispón deses servizos).
As entidades colaboradoras deberán aceptar e facilitar o pago cando se lle solicite no seu horario normal de atención ao público.
As entidades financeiras autorizadas a colaborar co Servizo de Recadación son as seguintes:
ABANCA
BANCO SABADELL
BANCO BILBAO VIZCAYA ARGENTARIABANCO SANTANDER
BANCO POPULAR ESPAÑOL/BANCO PASTOR CAIXABANKOs documentos de ingreso dos recibos non domiciliados en entidades financeiras enviaranse por correo postal ordinario ao domicilio único de cada contribuínte.
Este envío non ten carácter de notificación. A non recepción dos documentos de ingreso no domicilio do contribuínte non exime a este da súa obriga de pago.
Se algún contribuínte non recibe no seu domicilio algún dos documentos de ingreso que precisa poderá solicitalo a calquera das oficinas de información tributaria. Dende o día 12 de maio inclusive non se enviarán novos documentos de ingreso por correo postal.
Os documentos de ingreso inclúen dúas referencias de cobro, con importes diferentes:
A primeira é válida ata o día 18 de maio, e o importe que ten asociado é o principal da débeda, sen recarga de ningún tipo.
A segunda é válida do 19 ao 31 de maio, e o importe que ten asociado inclúe o principal da débeda e a recarga executiva do 5%.
Ferrol
R. Naturalista López Seoane, 5 (Esteiro)
15403
De 9.00 a 14.00 de luns a venres
981355795
981080196
zona2@dacoruna.gal
Narón
Pz. do Concello, s/n (Xuvia)
15570
Luns, mércores e venres, de 9.30 a 14.00
981397083
981397084
zona2@dacoruna.gal