Avanzan os traballos do obradoiro de emprego "INICIA" que se desenvolve en Fene

CONCELLERÍA DE PERSOAL, SEGURIDADE, FORMACIÓN E EMPREGO

Avanzan os traballos do obradoiro de emprego "INICIA" que se desenvolve en Fene

A directora do Obradoiro explicou in situ o progreso das actuacións. Isto é, o pintado do exterior da A.VV. Santo Samarco na parroquia de Sillobre xa rematado e  a colocación dos pasamáns das escaleiras de baixada do Colexio do Ramo, en Barallobre.O Obradoiro de Emprego “INICIA” foi concedido pola Consellería de Economía, Industria e Emprego, e desenvólvese a través dun convenio de colaboración entre os Concellos de Fene, Ares e Cabanas. Comenzou o 30 de setembro de 2015 e remata as súas actuacións o vindeiro 29 de marzo. Está integrado por 28 alumnos e alumnas (17 de Fene, 8 de Ares e 3 de Cabanas), unha directora, tres docentes das especialidades, unha docente de ensino básico e unha docente de formación empresarial.