Entrega de premios do concurso "Mortadelo e Filemón en Fenicia"

CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO

Entrega de premios do concurso "Mortadelo e Filemón en Fenicia"

Nun acto aberto -ao que están convidados familiares e amigos dos premiados, equipos directivos, mestres e Anpas dos distintos centros escolares nos que estudan os nenos/as e representantes do movemento asociativo do Concello- o alcalde de Fene, Juventino Trigo, e a concelleira de Cultura, Amalia García, serán os encargados de entregar os premios a:
. CATEGORÍA DE EDUCACIÓN INFANTIL. Lucía Pereira Bellas, alumna da escola de pintura de Dulce Anca, por un traballo presentado co título de “Roubo no Museo”. O premio consiste nun vale por importe de 50 € en libros e diploma.
. CATEGORÍA 1º, 2º, 3º DE PRIMARIA. Noa Ferreiro Bellas, alumna do Ceip A Fraga de As Pontes, por un traballo presentado co título “Mortadelo e Filemón no Museo do Humor”. O premio consiste nun vale por importe de 50 € en libros e diploma.
. CATEGORÍA 4º, 5º, 6º DE PRIMARIA. Jaime Ameneiros Fernández, alumno do Ceip Centieiras de Fene, por un traballo presentado co título “Exposición Ibáñez”. O premio consiste nun Ipod Shuffle e diploma.
. CATEGORÍA ESO.  Daniel Lago Luaces, alumno do CPI  A Xunqueira,  por un traballo presentado co título “Casa da espionaxe”. O premio consiste nun lector de libro electrónico Kindle Paperwhite e diploma.
. CATEGORÍA BACHARELATO. Deserto.
. CATEGORÍA ADULTOS. Xavier Picos Rodríguez, do Centro Ocupacional Aspaneps de Fene, por un traballo titulado “Mortadelo e Filemón. Un día en Aspaneps!”. O premio consiste nunha tableta BQ Aquaris M-10 e diploma.
Tamén entregarán senllos diplomas, polos ACCESITS conseguidos na categoría de 4º, 5º e 6º de Primaria, a:
. Irene Beatriz Díaz García, alumna do CEIP Centieiras de Fene, polo seu traballo titulado “Mortadelo e Filemón, luces, cámara e acción” . Clase de 6º de Primaria do Ceip Maciñeira de Neda, polo seu traballo (colectivo) titulado “Na procura do profesor Bacterio”.