CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO
A Concellería de Cultura edita un catálogo cos debuxos premiados no Concurso "Mortadelo e Filemón en Fenicia"
16-03-2016
Coincidindo coa entrega de premios, quedou inaugurada tamén a exposición cos debuxos orixinais que se presentaron ao certame. A mostra, instalada no corredor de acceso á Biblioteca Municipal de Fene (1º andar da Casa da Cultura) poderá visitarse ata mediados do mes de maio. PREMIADOSA alumna da escola de pintura de Dulce Anca, Lucía Pereira Bellas recibiu o primeiro premio na categoría de Educación Infantil, por un traballo presentado co título de “Roubo no Museo”. O premio consistiu nun vale por importe de 50 € en libros e diploma.
Na categoría de 1º, 2º e 3º de Primaria, a gañadora foi Noa Ferreiro Bellas, alumna do Ceip A Fraga de As Pontes, por un traballo presentado co título “Mortadelo e Filemón no Museo do Humor”. O premio consistiu nun vale por importe de 50 € en libros e diploma.
Jaime Ameneiros Fernández, alumno do Ceip Centieiras de Fene, foi o gañador na categoría de 4º, 5º e 6º de Primaria, por un traballo presentado co título “Exposición Ibáñez”. O premio consistiu nun Ipod Shuffle e diploma.
Na categoría ESO, o gañador foi Daniel Lago Luaces, alumno do CPI A Xunqueira, por un traballo presentado co título “Casa da espionaxe”. O premio consistiu nun lector de libro electrónico Kindle Paperwhite e diploma.
E na categoría de ADULTOS, o gañador foi Xavier Picos Rodríguez, do Centro Ocupacional Aspaneps de Fene, por un traballo titulado “Mortadelo e Filemón. Un día en Aspaneps!”. O premio consistiu nunha tableta BQ Aquaris M-10 e diploma.
Tamén se entregaron senllos diplomas, polos ACCESITS conseguidos na categoría de 4º, 5º e 6º de Primaria, a Irene Beatriz Díaz García, alumna do CEIP Centieiras de Fene, por un traballo titulado “Mortadelo e Filemón, luces, cámara e acción” e á Aula de 6º de Primaria do Ceip Maciñeira de Neda, por un traballo (colectivo) titulado “Na procura do profesor Bacterio”.
O concurso “Mortadelo e Filemón en Fenicia”, convocado pola Concellería de Cultura e Ensino de Fene, artellouse como actividade complementaria á exposición “Francisco Ibáñez, el Mago del Humor” que se amosou no Museo do Humor de Fene a comezos deste ano. O certame propoñía aos participantes a realización dunha composición plástica (debuxo, fotografía ou collage), situando a Mortadelo e Filemón nalgún escenario recoñecible do Concello de Fene.