CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO
O escritor fenés Pablo Bouza presenta este venres na Biblioteca Municipal á súa "Os Privilexios dos Somnábulos"
17-03-2016
Pablo Bouza foi o autor da declaración institucional do Día da Patria Galega en Fene no ano 2015. Como poeta, é autor dos libros In aeternum (2007), O home que falaba coas baleas (2008), Ingrávido Signo (2010) e Na intimidade do azougue (2011). As súas obras recibiron numerosos premios e recoñecementos. Entre eles, Pablo Bouza foi gañador, ata en cinco ocasións, do Certame Literario do Concello de Vilalba.TALLER DE POESÍA
Antes da presentación do poemario de Pablo Bouza, a Biblioteca Municipal de Fene acollerá tamén este venres un taller de poesía para nenos/as de 8 a 12 ano. No decurso desta actividade, que comezará ás 17 horas, os/as participantes traballarán con poemas coñecidos e crearán tamén os seus propios versos, rematando o taller coa súa plasmación nun mural que encherán de árbores, flores... e de versos.