Exposición "Se chove que chova", organizada polo CEIP de Centieiras, no salón de plenos da Casa do Concello

CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO

Exposición "Se chove que chova", organizada polo CEIP de Centieiras, no salón de plenos da Casa do Concello

Nunha segunda etapa deste proxecto, “o interese polo mundo fotográfico incentivouse coa visita a exposicións desta manifestación artística”. Entre elas, á exposición “Metáforas visuais” de Román Montesinos, que se amosou no Museo do Humor de Fene ao longo do mes de febreiro.
E, xa por último, o mércores desta semana inaugurouse no salón de plenos da Casa do Concello –con presenza do alcalde de Fene, Juventino Trigo, e da concelleira de Cultura e Ensino, Amalia García-  a exposición “Se chove que chova”, cunha selección de fotografías elexidas polos 72 alumnos e alumnas de Educación Infantil do centro.
Por temática, a exposición divídese en varios apartados, BOTAS, CHARCOS, EMOCIÓNS, PARAUGAS, CALCETÍNS, CHOCOLATADA, PINTAR, PEGAR..., “que aglutinan os principais intereses tanto artísticos como de aprendizaxe das nenas e nenos protagonistas”. Tanto o agrupamento por temas coma os títulos das pezas expostas, así como a elaboración do catálogo da mostra, é froito do alumnado de Educación Infantil de Centieiras.