ALCALDÍA
Cubertas todas as prazas para a visita a Navantia do domingo 27 de marzo
21-03-2016
Para a segunda das visitas programadas a Navantia Fene (zona JacketsWikinger e Hywind) que terá lugar o domingo 27 de marzo, xa están cubertas todas as prazas na quenda das dúas quendas, a das 10:00 h e a das 12:00 h. A entrada ao estaleiro faise pola porta das Pías e as persoas teñen que levar o seu DNI.Para a terceira das visitas, que terá lugar o domingo 3 de abril, en quendas de 10:00 e 12:00 h, o prazo de inscrición rematará ás 12:00 h. do venres, 1 de abril.
As persoas interesadas en participar nestas visitas guiadas poden inscribirse:
Por correo electrónico: enviando a ficha de inscrición cuberta en todos os seus extremos, ao seguinte enderezo visitasnavantia@fene.gal. De optar por esta opción, teñen que agardar a recibir o correo de confirmación.
Presencialmente no Departamento de Cultura e Deportes (Avenida de Naturais,44, entresollado dereita) en días laborables, de luns a venres, en horario de 8:00 a 14:30 h.
As visitas a Navantia Fene (zona JacketsWikinger e Hywind) terán unha hora e media de duración. No momento da visita proporcionaráselle ao público asistente as EPI a empregar (casco, lentes de protección e chaleco reflector). É necesario vestir calzado axeitado, evitando o talón alto e zapato inestable ou esvaradío.
Poden participar os menores de idade, sempre acompañados dun adulto. Dadas as condicións do solo dos talleres, non poden usarse carriños de bebé.
Queda prohibida a utilización do móbil no interior dos talleres e, de maneira expresa, tirar fotografías ou vídeos nestes espazos. Non obstante, si se poden utilizar os móbiles e as cámaras fotográficas no exterior dos talleres.As visitas continuarán todos os domingos, até novo aviso, coas mesmas condicións e procedementos de inscrición.
As visitas á zona JacketsWikinger e Hywind do asteleiro están organizadas pola dirección de Navantia coa colaboración do Concello de Fene.