O Concelleiro de Benestar Social e Igualdade participou na Asemblea Xeral do Fondo de Cooperación e Solidariedade

CONCELLERÍA DE BENESTAR E IGUALDADE

O Concelleiro de Benestar Social e Igualdade participou na Asemblea Xeral do Fondo de Cooperación e Solidariedade

Asemade, na Asemblea tamén se abordou ampliar o número de administracións asociadas, reeditar o concurso fotográfico Imaxes con Fondo, intensificar o traballo en Mozambique ou identificar programas de cooperación entre outras das actuacións previstas, ao abeiro das liñas estratéxicas 2016-2019 
Neste 2016 o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 84 concellos e dúas deputacións, a da Coruña e a de Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido máis de 150 proxectos en 25 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.
Na asemblea xeral entre outros temas se deu conta das altas e baixas dos socios, tendo que dar o parabén ao concello de Moeche que foi alta e lamentar a baixa do concello de Vigo.