A Oficina de Turismo abre as súas portas

CONCELLERÍA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

A Oficina de Turismo abre as súas portas

A Oficina de Información Turística do Concello de Fene emprazada na Avenida Naturais estará aberta ao público no seguinte horario:
 De 10:30 a 13:00  h e de 17:00 a 19:00 h.
Coa apertura da oficina de turismo dárase un servizo de acollida, orientación e asistencia aos visitantes, facilitándolles información sobre os principais recursos do municipio, e sobre as actividades culturais, artísticas ou deportivas que se desenvolverán no noso concello ou na comarca.
Teléfono: 981 34 40 82