Día do teatro na Biblioteca con Trinketrinke Teatro

CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO

Día do teatro na Biblioteca con Trinketrinke Teatro

A biblioteca municipal de Fene conmemorará este martes, 29 de marzo, o Día do Teatro con Trinketrinke Teatro e o seu contacontos teatral “Riciños de ouro e os tres osos”. A actividade, dirixida a nenos/as de 3 a 8 anos, comezará ás 18.00 horas. Entrada libre, ata completar o aforo.
O venres 1 de abril (18.00 horas) presentarase na biblioteca de Fene o espectáculo "Brinca vai! de aquí a acolá" de Paco Nogueiras para conmemorar o Día do Libro Infantil e Xuvenil que se celebra o 2 de abril. Actividade dirixida a todos os públicos e con entrada libre, ata completar o aforo.