Brinca vai! de Paco Nogueiras na Biblioteca Municipal

CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO

Brinca vai! de Paco Nogueiras na Biblioteca Municipal

“BRINCA VAI! de aquí a acolá” é unha actividade para ler, ver e escoitar. “Un feixe de cancións para toda a familia que de seguro vos acompañarán aló onde vaiades. Deixádevos levar entre as diversas apariencias que tén a lectura. Gozade vendo, escoitando ou cantando…” A programación de primavera da biblioteca municipal “Pérez Parallé” continuará o xoves 21 de abril (18.00 horas) co "Contiario" de Pablísimo para celebrar o Día do Libro (23 de abril). A actividade vai dirixida a nenos e nenas de 4 a 10 anos.