CONCELLERÍA DE PERSOAL, SEGURIDADE, FORMACIÓN E EMPREGO
Acto de clausura do Obradoiro de Emprego Inicia
04-04-2016
Ao acto asistiron xunto co Delegado Territorial da Xunta de Galicia, Diego Calvo, e o Alcalde de Fene, Juventino Trigo, o Alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, e o tenente Alcalde de Ares, Gustavo Pita, como representantes dos Concellos participantes. Acudiron tamén á cita concelleiros e concelleiras de Fene, a directora e técnica da oficina de emprego de Ferrol, o director do colexio do Ramo e representantes de varias sociedades do Concello de Fene.Nas palabras de clausura pronunciadas polos representantes municipais e polo Delegado Territorial destacouse o bo traballo realizado polo alumnado e polo persoal docente do Obradoiro. Un traballo visible a través das actuacións que desenvolveron ao longo destes seis meses:
§ Pintado da Escola Unitaria de San Marcos (Concello de Fene)
§ Reposición de pasamans no colexio do Ramo (Concello de Fene)
§ Acondicionamento de rotondas no paseo da Magdalena (Concello de Cabanas)
Con este acto tal e como expresou o alcalde de Fene “remata unha etapa, escasa a nivel profesional por ser só de seis meses, pero que de seguro servirá a moitos e moitas de vós como inicio na súa traxectoria laboral."