O control das emocións e a autonomía versus a dependencia familiar obxectivos do programa Cine e Sáude

CONCELLERÍA DE IGUALDADE E BENESTAR

O control das emocións e a autonomía versus a dependencia familiar obxectivos do programa Cine e Sáude

O Concello de Fene, a través da Área de Benestar Social e Igualdade, xunto coa agrupación de concellos de Mugardos e Neda desenvolve o Plan de protección e promoción da saúde. 
Programa no que se enmarca o programa “CINE e SAUDE" un programa de Educación en Valores para a prevención do consumo de alcohol e outros trastornos aditivos e de comportamento no eido escolar a través dos medios audiovisuais e as TIC. 
A intervención preventiva nos centros escolares debe comezar antes de que se establezan patróns de consumo que máis tarde serán difíciles de cambiar.
 A ferramenta pedagóxica coa que se traballa é o cinema; mediante a proxección dunha película se vai profundizando e traballando en diferentes temas de interés relacionados coa prevención do consumo de drogas.
Programa asumido polos centros escolares ó que se lle facilita asesoramento, medios e formación imprescindible para que sexa impartido polo seu profesorado.
A actividade  está dirixida á poboación escolar de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO, ao profesorado que imparte clases nestes niveis como axentes executores do mesmo e ás familias que mediante as Anpas teñen a posibilidade de organizar sesións para traballar os contidos da pelicula e con esa información desenvolver hábilidades educativas que provocaran un efecto multiplicador na promoción da saúde.