CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO
Exposición "Da botella ao mar" de Miguel Melero na Casa da Cultura de Fene
05-04-2016
“Da botella ao mar” inaugúrase o xoves 7 de abril ás 20.00 horas na Casa da Cultura de Fene. A mostra poderá visitarse ata o vindeiro 28 de abril en horario de luns a venres, de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas, e os sábados, de 10 a 13 horas. Dende o ano 1989 ate a actualidade, Miguel Melero ten realizado numerosas exposicións tanto en España coma noutros países europeos, salientando en Galicia no ano 2001 a exposición “Suxeitos + Obxectos” (na Universidade da Coruña) e en 2005 “Arquitectura dos sentimentos” (organizada pola Xunta de Galicia).Melero emprega nas súas obras papel a tinta, cores á auga e acrílicos. Tamén traballa técnicas mixtas sobre lenzo como areas e materiais que dan relevo á súa obra. Por último, gosta tamén do gravado en diferentes técnicas coma o linóleo, a punta seca ou a serigrafía.