CONCELLERÍA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
III Feira de Segunda Man e Troco de Fene
05-04-2016
Na feira poden participar todas aquelas persoas ou asociacións sen ánimo de lucro que realicen a solicitude en tempo e forma.As solicitudes de inscrición serán atendidas por orde de chegada ata cubrir as 65 prazas.
Datas para inscribirse:
Para residentes en Fene: dende o día 11 ao día 16 de abril (ambos inclusive)
Para poboación en xeral: dende o día 18 ao día 23 de abril (ambos inclusive)
Lugar para inscribirse: No rexistro xeral do Concello de Fene, cubrindo o impreso creado a tal efecto (anexo I).
Os postos serán totalmente gratuítos e poderán ser ocupados unicamente por particulares ou asociacións sen ánimo de lucro. Non poderán participar negocios.
Os expositores comprométense a comercializar únicamente os produtos reflexados na solicitude, quedando excluídos os animais e os productos alimenticios ou caseiros a non ser que se posúa o carné de manipulador de alimentos.