Fene acolle un Bautismo de Mergullo Adaptado

CONCELLERÍA DE DEPORTES

Fene acolle un Bautismo de Mergullo Adaptado

O bautismo de mergullo plantéxase como unha xornada de achegamento inicial a este deporte. Baixo a supervisión de monitores/as do Cas Nautilus , neste I bautismo de mergullo adaptado, os/as participantes poderán experimentar a sensación de estar debaixo de auga (de xeito divertido e seguro) cun equipo de mergullo autónomo.
A actividade está deseñada para estimular a curiosidade dos participantes, familiarizándoos primeiro co equipo empregado nas actividades subacuáticas. Tamén traballarán o tema da respiración (relaxación), qué facer para contrarrestar a presión (maniobra de Valsalva) e as normas básicas de seguridade (sinais submariñas).
Cada un dos participantes estará guiado en todo momento por dous monitores do Club fenés de actividades subacuáticas Nautilus, formados específicamente para traballar con persoas con discapacidade ou necesidades especiais.
Esta actividade realízase no marco da liña de colaboración entre o Concello de Fene e as asociacións municipais.