ALCALDÍA
Encontro có presidente da Xunta e o conselleiro de Política Social para impulsar as liñas de acción social
11-04-2016
Na xuntanza, o alcalde de Fene Juventino Trigo reclamou a urbanización da Estrada do Ramo, dependente da Xunta, a posta en marcha polo Consorcio da escola infantil do Carril prevista para setembro 2016, e pediu o máximo esforzo das institucións na creación de empleo.Visita enmarcada na rolda de encontros da Xunta de Galicia cos representantes das institucións públicas de Galicia para coordinar a atención social dos cidadáns galegos. Neste sentido, a liña de reunións cos alcaldes galegos teñen o fin de impulsar novas vías de colaboración social que melloren a os servizos sociais nos diferentes concellos a través da optimización dos recursos locais e autonómicos.