CONCELLERÍA DE DEPORTES
Fene acolle este domingo o campionato provincial de duatlón escolar
12-04-2016
Ás 11 da mañá está previsto que comecen o domingo as carreiras do Campionato Provincial de Duatlón Escolar, evento no que participarán os deportistas que se clasificaron nas fases zonais previas da provincia da Coruña. Ao longo da mañá e ata ás 13.30 horas, aproximadamente, desenvolveranse as disintas probas, correspondentes ás categorías:. Benxamín: feminino, masculino, nados nos anos 2007-2006 (9-10 anos)
. Alevín: feminino, masculino, nados nos anos 2005-2004 (11-12 anos)
. Infantil: feminino, masculino, nados nos anos 2003-2002 (13-14 anos)
. Cadete: feminino, masculino, nados nos anos 2001-2000 (15-16 anos)
As carreiras a pé deste Campionato Provincial de Duatlón Escolar desenvolveranse nun circuito habilitado no paseo de San Valentín, namentres que as probas en bici terán lugar pola Avenida do Mar e rúa Telleiras. As distancias que deberán percorres os /as participantes, en función da súa categoría, son:
. Benxamín: 500 m (carreira); 2000 m (bicicleta); 250 m (carreira)
. Alevín: 1000 m (carreira); 4000 m (bicicleta); 500 m (carreira)
. Infantil: 1500 m (carreira); 6000 m (bicicleta); 750 m (carreira)
. Cadete: 2000 m (carreira); 8000 m (bicicleta); 1000 m (carreira)
As distintas probas rexeranse segundo a normativa vixente do Regulamento de Actividade deportiva en idade escolar 2016 da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
Clasificaranse para o Campionato Galego os/as 8 primeiros/as individuais e os 2 mellores equipos por categoría e sexo. Asemade, recibirán premios os tres primeiros clasificados/as de cada categoría e os tres mellores equipos de cada categoría. A entrega de trofeos farase, unha vez finalizadas as carreiras, no interior do pavillón A Xunqueira de San Valentín.