CONCELLERÍA DE IGUALDADE E BENESTAR
Obradoiro "Recuperación da memoria"
13-04-2016
O concello de Fene dende a Área de Benestar e Igualdade, desenvolve o proxecto de “Envellecemento Activo e Participación Social”, no que se enmarca o programa de Tardes Activas, subvencionado pola Deputación da Coruña.O 14 de febreiro de 16.30 a 18.00 h realizarase o Obradoiro de “Recuperación da memoria” que contará con dous grupos: un grupo específico para as persoas con perdas de memoria e un grupo de apoio ás familias.
Este obradoiro está pensado para tratar o inicio de patoloxías, diminuíndo ou retrasando a incidencia de demencia e deterioro cognitivo. As persoas participantes pasan unha proba previa para valorar o estado no que se atopan e así poder adaptar as actividades as súas necesidades.
As actividades están encamiñadas a mellorar a memoria, orientación e atención así como retrasar a incidencia de demencia e deterioro cognitivo.
O grupo de apoio para familias de persoas dependentes é un espazo no que se comparten experiencias, sentimentos e dúbidas. Trataranse temas de coidado e autocoidado.
Nesta sesión falarase de qué son as funcións cognitivas e porque traballar con elas.
Este tema ven motivado dada a cantidade de casos de demencia que hai hoxe en día nos que é moi importante a intervención non farmacolóxica, isto é incidir nas funcións cognitivas. Pero,¿qué son as funcións cognitivas? Pois fan referencia á memoria, linguaxe, cálculo, atención etc. Son nelas onde os familiares ven máis o deterioro da persoa maior con demencia e onde os profesionais deben intervir entre outros factores.
Este fenómeno é difícil de entender para os familiares por iso é importante que estean preparados e saber como afrontalo.
O GRUPO DE APOIO A FAMILIAS está aberto á poboación xeral.
O lugar de desenvolvemento das actividades terá lugar no CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS.
ACTIVIDADE GRATUÍTA ABERTA A TODA A POBOACIÓN.
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal