CONCELLERÍA DE IGUALDADE E BENESTAR
Vacacións en Paz 2016
14-04-2016
O Programa “Vacacións en Paz” consisten na acollida de nenos/nenas saharauis procedentes dos campamentos de refuxiados saharauis en Tindouf (Alxeria) ate Galicia, para que pasen dous meses de verán (xullo e agosto) acollidos por familias, neste caso, do concello de Fene.Este programa está organizado por Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, en colaboración coa Delegación e Subdelegación do Goberno, a Concellería de Traballo e Benestar, Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, Deputacións os Concellos que asinan os convenios coa asociación, así como as familias acolledoras que o soliciten previamente no seu concello de residencia.
“As vacacións en paz” preséntanse nun marco de solidariedade e axuda desinteresada co fin de propiciarlles unha estadía agradable e humana aos nenos e nenas saharaius que naceron nos campamentos de refuxiados saharauis situados dende hai máis de 40 anos na zona da Hamada alxeriana en Tindouf, preto da fronteira alxeriano-saharaui. Son fillos/as dos saharauis que abandonaron os seus fogares ante a invasión do seu País por parte de Marrocos en 1975; a vida destes nenos e nenas nados no exilio trancorre nas mesmas condicións que as do resto da poboación saharaui, privada do máis elemental, e sobrevivindo con moitas dificultades grazas á axuda internacional.
Obxectivos do programa:
- Reinvindicar o dereito dos nenos e nenas saharauis a vivir no Sáhara Occidental e poñer de manifesto a situación na que actualmente viven.
- Promover, entre a sociedade galega, os valores de tolerancia e solidariedade facilitando así a convivencia e integración de todas as persoas na comunidade.
- Perfeccionar a aprendizaxe da lingua castelán e galega que estudian nos seus programas escolares.
- Ofertar unha alternativa de ocio e tempo de lecer.
- Evitar a súa estadía nos campamentos durante os meses de xullo e agosto por sofrir temperaturas moi altas (máis de 50 º).
- Facilitar asistencia médica e de alimentación.
- Garantir as necesidades fundamentais dos menores.
- Asegurar a súa integridade física e emocional.
- Respectar as súas crenzas.
- Favorecer a súa integración no seu medio durante a súa estadía no noso país.
- Respectar o seu marco legal dos dereitos dos menores, tendo en conta que xa teñen a súa familias no seu país coas que teñen que volver ao remate das vacacións.
- Garantir o regreso ao seus Pais coas súas familias.
Colaboración do Concello de Fene, obxectivo do convenio:
- En colaboración con Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, difundir o programa de Vacacións en Paz e colaborar na selección de familias acolledoras a través da designación por parte do Concello de un/unha Técnico/a responsable.
- Financiación dos billetes dos nenos/as.
- Recepción no Concello e presenza na entrega dos nenos e nenas ás familias acolledoras.
- Presenza no acto de despedida de nenos e nenas.
- Xestionar os recoñecementos pediátricos, odontolóxicos e do oculista para os nenos e nenas acollidos.
- Calquera outra colaboración que se poda solicitar a través da Entidade Xestora e/ou familias acolledoras.
Compromisos das familias acolledoras:
- Acoller no seu fogar ao neno/a Saharaui que lle sexa adxudicado polos responsables do programa.
- Acoller ao menor no seu fogar e coidalo, atendendo ás súas necesidades, acompañalos aos controis médicos que se programen para eles, acompañamento a actividades que se organicen por parte dos responsables, etc.
- colaborar económicamente coa financiación do programa pagando 12 cotas de 20 €.
- Non incoar nengún expediente de acollida temporal ou permanente, expediente de adopción nin de residencia de estranxeiros en España.
- Gardar o máximo respecto das súas crenzas relixiosas e das institucións do seu pais de orixe.
- Entregar ao menor aos representantes de Solidariedade Galega co Pobo Saharaius o día e hora sinalados para a súa volta aos campamentos e reencontro coas súas familias de orixe.
Número de familias para o Concello de Fene
O Concello de Fene convoca 4 prazas para que catro familias do termo municipal podan solicitar ser familia acolledora.
Prazo de solicitudes:
O prazo se extenderá ate o luns, 25 de abril de 2016
Duración do programa
Se extenderá dende finais de xuño ate primeiros de setembro, dous meses completos (Xullo e Agosto)
Información e solicitudes:
Poñerse en contacto cos servizos sociais do Concello de Fene
Centro de Servizos Sociais.
Area de Benestar e Igualdade
Avda do Mar, bloque 1-baixo.
15500. San Valentín. FENE
Tfnos: 981342607 // 981492706
servizos.sociais@fene.gal