CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO
Os contos de Pablísimo chegan a Biblioteca Municipal
19-04-2016
Contiario é unha sesión de contos que empezan ao revés, contos que teñen moitos finais e contos que non rematan nunca, fábulas, cantares de cegos, contos pequerrechiños, adiviñas, cancións... Con eles mergullarémonos no marabilloso mundo da literatura infantil e da tradición oral.Actividade dirixida a nenos/as de 4 a 10 anos con entrada libre, ata completar aforo.
Sesión encadrada no programa “Ler conta moito” da Xunta de Galicia.