O xefe territorial de Educación clausura o programa "Cóntanos" no CEIP Centieiras

CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO

O xefe territorial de Educación clausura o programa "Cóntanos" no CEIP Centieiras

Indalecio Cabana visitou ademais as dependencias do centro, acompañado polo equipo directivo e a ANPA. Tamén participaron no encontro co Xefe Territorial a inspectora de Educación, Elena Urtiaga, o alcalde de Fene, Juventino Trigo, a concelleira de Ensino Amalia García Balado e César Daniel Castro, representante municipal no Concello Escolar do centro.