Prazos extraordinarios de matrícula nas Escolas Infantís de Fene

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Prazos extraordinarios de matrícula nas Escolas Infantís de Fene

Ademais poderán presentarse solicitudes para adxudicación de vacantes ou para formar parte da lista de agarda nos seguintes prazos extraordinarios:
BAREMO EXTRAORDINARIO DE SETEMBRO (Adxudicación de vacantes ou para formar parte da listaxe de agarda)
Prazo ata o 31 de agosto. As solicitudes poderanse presentar na Escola Infantil de Fene ata o 29 de xullo e, durante o mes de agosto, en calquera rexistro público (concello, xunta ou correos).
BAREMO EXTRAORDINARIO DE DECEMBRO
(Adxudicación de vacantes ou para formar parte da listaxe de agarda) Prazo ata o 30 de novembro.