CONCELLERÍA DE IGUALDADE E BENESTAR
O programa Tardes Activas chega ao seu fin
25-04-2016
Os OBRADOIROS DE ACTIVACIÓN DA MEMORIA desenvolveronse en 11 sesións cunha duración de 17 horas de traballo na que se realizaron actividades para manter activa a mente e mellorar a memoria naquelas persoas con esquecementos cotiás (onde están as chaves, cómo era o nome de...) tamén se utilizaron dinámicas de ocio e de grupo para o desenvolvemento das actividades. Ao longo destas sesións as actividades se distribuíron en tres partes:I PARTE: actividades para mellorar a atención, estimulación visual, coordinación...
II PARTE: actividades variadas nas que se traballa a memoria autobiográfica a través de relatos, anuncios publicitarios, xogos,...
III PARTE: fomentar hábitos saudables: “A marabilla de facerse maior”
As datas nesta semana de clausura son:
AA.VV. DE LIMODRE
clausura o luns 25 de abril ás 19.30 h.
A.C.D.R. LIGA DE AMIGOS DE BARALLOBRE
Clausura o mércores 27 de abril ás 19:45 h
S.C.R.D. AGARIMO DE SILLOBRE
Clausura o martes 26 de abril ás 18.15 h.
C.P.S DE SAN VALENTÍN
Clausura o martes 26 de abril ás 20:00 h.
CMIU DE FENE
Clausura o mércores 27 de abril ás 18.00 h.
AA.VV SAN XURXO DE MAGALOFES
Clausura o venres 29 de abril ás 20:30 h.
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS – Area Benestar Social
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal