CONCELLERÍA DE DEPORTES
Ao redor de 650 escolares participarán na I edición das Xornadas de xogos populares e carreiras de campo a través do Concello de Fene
26-04-2016
A actividade desenvolveranse en horario de mañá, de 10 a 13 horas, nas inmediacións do pavillón a Xunqueira de San Valentín.Segundo explican dende a Concellería de Deportes, os nenos/as feneses participarán en carreiras de sacos, actividades de salto (comba individual e colectiva), xogos de habilidade (zancos, pesca de botellas), lanzamentos (chave, rá), tiro de corda, brilé e carreiras de campo a través. Será unha xornada distinta e divertida, aprendendo outra forma de xogar.
O Concello farase cargo do transporte do alumnado dende os centros de ensino ata San Valentín e do monitorado nas diferentes actividades. Tamén repartirá froita e auga a todos os participantes.
No caso de mal tempo, a actividade trasladaríase ao interior do pavillón.