CONCELLLERÍA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA E TURISMO
San Valentín acolle esta fin de semana o Encontro de Artesáns e Palilleiras 2016 e III Feira de Segunda Man e Troco
28-04-2016
O sábado arrincará ás 10.30 da mañá o Encontro de Artesáns, organizado coa colaboración da asociación Os Tadetas, no que unhas setescentas persoas amosarán as actividades relacionadas co fío e a agulla, como o patchwork, gancho, calceta e bolillos. Ademais as persoas que se acheguen ao encontro poderán gozar de actividades como os artesáns de talla de madeira de Sillobre, da Asociación Euroeume, das fiandeiras de Lavandeira e a Escola de Encuadernación de ASPANEPS de Fene.Como novidade nesta edición desenvolveremos un Obradoiro de Crochet para nenos e nenas en colaboración coa tenda A Xoaniña de Fene. Será no propio pavillón en horarios de 11 a 14 h. e 16 a 19 h. Os nenos/as inscritos/as poderán disfrutar da elaboración dun pequeño traballo coa técnica do crochet como xeito de iniciación (para inscrición no obradoiro chamar ao tfno. 881 937 883).
Tamén haberá inchables e xogos tradicionais, así como amenización musical polo grupo de gaitas Berros do Castro.
A III Feira de Segunda Mán e Troco celebrase o 1 de Maio no mesmo pavillón en horario de 11.00 h a 19.00 h. Na feira as persoas asistentes poderán mercar ou intercambiar productos de segunda mán.