CONCELLLERÍA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA E TURISMO
IX Concurso de Tapas de Fene
28-04-2016
Poderán participar todos os establecementos de hostalería do ámbito municipal de Fene.Establécense dúas modalidades: Tapa Tradicional e Tapa Creativa, entendéndose como tapa creativa a que utilice produtos, técnicas de elaboración ou presentación innovadoras.
As bases do concurso establece:
Todas as tapas deberán ser elaboradas de forma artesanal.
Non se aceptarán receitas precociñadas en toda ou algunha das súas partes.
A organización resérvase o dereito de non aceptar unha tapa a concurso se considera que non se axusta ás condicións descritas. Neste caso, o establecemento terá a opción de presentar outra tapa ao Concurso en calquera das modalidades.
Cada establecemento, unicamente poderá concursar nunha modalidade, tapa tradicional ou creativa.
Unha tapa debe ser pequena e que poida comerse en 2 ou 3 bocados. Para inscribirse deberá cumprimentar debidamente o modelo de solicitude (anexo I). As solicitudes de inscrición serán atendidas por orde de chegada. O prazo remata o 30 de abril.
O concurso desenvolverase dende o día 13 de maio ao 5 de xuño de 2016. Aquelas persoas que participen no concurso cubrindo a feneruta e as tarxetas de establecemento entrarán, como en anteriores edicións, nun sorteo de premios.
Os días da semana nos que se poderá degustar a tapa serán, os venres, sábados e domingos.
O horario no que a tapa estará obrigatoriamente a disposición do cliente será:
Venres de 20:00 a 22:00 horas
Sábados de 13:00 a 15:00 h e de 20:00 a 22:00 horas.
Domingos de 13 a 15:00 horas
O Concello editará unha guía na que figurarán os establecementos participantes. Esta guía formará parte do material de difusión da cidade e estará presente en todos os actos de promoción da mesma. A guía entregarase aos establecementos participantes para que os clientes poidan levar a consigo.