CONCELLERÍA DE DEPORTES
VIII Marcha Ciclista Popular "Concello de Fene"
06-05-2016
Dúas rutas percorrerán as rúas do concello este domingo na VIII Marcha Ciclista Popular. Os/as menores realizarán un percorrido de 7 Km polas rúas de Fene, Perlío e San Valentín. Para os/as maiores o percorrido será de 16 Km, aproximadamente. A primeira parte da rota dos maiores coincidirá coa dos/as pequenos/as polas rúas de Fene, Perlío e San Valentín. Ao chegar á Casa do Concello (punto de avituallamento), os maiores que o desexen poderán continuar cara Barallobre e Maniños, finalizando a marcha novamente na Praza do Concello.Segundo informan dende a Concellería de Deportes, unha vez finalizado o percorrido de maiores, realizarase o sorteo dunha bicicleta e material deportivo entre todos os participantes.
Un ano máis, o Concello de Fene porá a disposición da veciñanza un servizo de préstamo de bicicletas e cascos para aquelas persoas que desexen participar na marcha ciclista popular. Haberá 5 bicicletas 5 cascos para menores de 12 anos. Para acceder a este servizo será obrigatorio que os menores veñan acompañados dun adulto responsable que acredite a súa identidade e asine a folla de préstamo.
Dende a organización, lémbrase que o uso de casco é obrigatorio para todas as persoas (nenos/as, adultos/as) participantes.
A VIII Marcha Ciclista Popular Concello de Fene está organizada polo Concellería de Deportes de Fene, conta coa colaboración do Club BTT Fene, así como dos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e da Policía Local de Fene, aos que o Concello agradece a súa implicación.
Máis información no Departamento de Deportes (Avda. Naturais 44, entrechán). Teléfonos: 607 615 962 ou 981 340 366