Convocatoria para a elección do xuíz de paz titular de Fene

ALCALDÍA

Convocatoria para a elección do xuíz de paz titular de Fene

As solicitudes presentaranse no rexistro de entrada de documentos do Concello de Fene no prazo de 10 días, a contar dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP.
Xunto a solicitude achegarase a seguinte documentación:
1.Certificado de nacemento ou fotocopia cotexada do DNI do solicitante.
2.Certificación do Rexistro Central de Penados e Rebeldes e declaración complementaria á que fai referencia o art. 2.1.a) da Lei 68/1980, de 1 de decembro, sobre a expedición de certificacións e informes sobre a conduta cidadán (BOE do 02.12.1980), que constate se o solicitante atopase inculpado ou procesado.
3.Xustificación dos méritos que alegue o solicitante.
4.Declaración xurada de non estar incluído nalgunha das causas de incapacidade previstas no art. 303 da LOPX, así como as incompatibilidades sinaladas nos art. 389 e seguintes, a excepción do exercicio de actividades profesionais ou mercantís, debendo acreditarse documentalmente a profesión que exerce o solicitante, se é o caso.
5.Certificado ou informe médico de que o solicitante non estea impedido física ou psiquicamente para a función xudicial.
A elección de xuíz de paz substituto a efectuará o Pleno do Concello de Fene mediante acordo adoptado co voto favorable da maioría absoluta dos seus membros, entre as persoas que reúnan requisitos legais que o solicitaran. Se non houbera solicitudes, o Pleno elixirá libremente.
Os candidatos propostos polo Concello serán nomeados xuíz/a de paz substituto pola Sala do Goberno do Tribunal Superior de Xustiza por un período de catro anos.