Segundo mergullo adaptado no Concello de Fene

CONCELLERÍA DE DEPORTES

Segundo mergullo adaptado no Concello de Fene

O “bautismo” plantéxase como unha xornada de achegamento inicial ao deporte do mergullo. Baixo a supervisión de monitores/as do Cas Nautilus , nesta actividade os/as participantes poden experimentar a sensación de estar debaixo de auga (de xeito divertido e seguro) cun equipo de mergullo autónomo.
O bautismo de mergullo está deseñado para estimular a curiosidade dos/as participantes, familiarizándoos primeiro co equipo empregado nas actividades subacuáticas. Tamén traballan o tema da respiración (relaxación), qué facer para contrarrestar a presión (maniobra de Valsalva) e as normas básicas de seguridade (sinais submariñas).
Cada un dos participantes estará guiado en todo momento por dous monitores do Club fenés de actividades subacuáticas Nautilus, formados específicamente para traballar con persoas con discapacidade ou necesidades especiais.
Esta actividade realízase no marco da liña de colaboración entre o Concello de Fene e as asociacións municipais.