Construíndo Pontes no CPS de San Valentin

CONCELLERÍA DE IGUALDADE E BENESTAR

Construíndo Pontes no CPS de San Valentin

Sesión que complementa as xornadas de traballo do CPS Liga de Amigos de Barallobre e  da AVV de Limodre do pasado mes de abril.
Contruíndo Pontes é un espazo de recuperación da historia de Fene. As persoas participantes neste curso elixirán o tema de traballo relacionado con  as súas vivencias  de tempos pasados e xuntos construirán un documento, a través do cal compartir e visualizar o proxecto nun acto para toda a  cidadanía. 
Posteriormente este proxecto de recuperación de memoria histórica se dará a coñecer nos centros educativos nos meses de outubro a decembro e así se buscará o encontro interxeracional. Estas actividades e experiencias para as persoas que se atopan na madurez teñen por finalidade que poidan gozar dun tempo de lecer activo e satisfactorio  contribuíndo a visibilizar a imaxe social das persoas maiores e proporcionar ás persoas adultas claves e oportunidades para acadar un envellecemento activo e satisfactorio.
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO  MUNICIPAL  DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal