As consecuencias de ser coidadores

CONCELLERÍA DE IGUALDADE E BENESTAR

As consecuencias de ser coidadores

O concello de Fene dende a Área de Benestar e Igualdade, desenvolve o proxecto de “Envellecemento Activo e Participación Social”, no que se enmarca o programa de Tardes Activas, subvencionado pola Deputación da Coruña.
O 12 de maio de 16.30 a 18.00 h realizarase o Obradoiro de “Recuperación da memoria” que contará con dous grupos: un grupo específico para as persoas con perdas de memoria e un grupo de apoio ás familias.
Este obradoiro está pensado para tratar o inicio de patoloxías, diminuíndo ou retrasando a incidencia de demencia e deterioro cognitivo. As persoas participantes pasan unha proba previa para valorar o estado no que se atopan e así  poder adaptar as actividades as súas necesidades.
As actividades están encamiñadas a mellorar a memoria, orientación e atención así como retrasar a incidencia de demencia e deterioro cognitivo.
O grupo de apoio para familias de persoas dependentes é un espazo no que se comparten experiencias, sentimentos e dúbidas. Na sesión de mañá falarase sobre as consecuencias de ser coidadores.
Coidar dunha persoa dependente pode converterse nunha faceta moi ardua para o seu coidador. Ademais esta tarefa ten unhas grandes consecuencias a nivel físico e emocional. Por todo isto é moi importante que coñezan a persoas que están na mesma situación e que se leven a cabo dinámicas para que poidan expresarse nun ambiente onde non se lles xulga, e se lles da ferramentas e recursos. Rematarase cunha sesión de relaxación.
Esta actividade ten como obxectivo apoiar aos familiares e prepararse para situacións novas e e saber como afrontalas.
Horario:de 16.30 A a 18.00h.
O GRUPO DE APOIO A FAMILIAS está aberto á poboación xeral.
O lugar de desenvolvemento das actividades terá lugar no CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS.
A sesión está impartida por as psicólogas da Empresa Recordando
O programa está coordinado pola pedagoga municipal , Mª José Paz Rodríguez.
ACTIVIDADE GRATUÍTA ABERTA A TODA A POBOACIÓN.
Para calquera información dirixirse a: CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
CONCELLARÍA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE.
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal