O equipo Senior da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Fene gaña o campionato provincial escolar

CONCELLERÍA DE DEPORTES

O equipo Senior da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Fene gaña o campionato provincial escolar

 Cómpre tamén salientar os bos resultados acadados polo Club Artes Marciais Fene no Campionato Galego de Kárate por Equipos que se celebrou a pasada fin de semana na localidade de As Pontes e onde o equipo alevín se proclamou subcampión galego; o equipo infantil acadou a medalla de bronce; e o equipo xuvenil quedou de cuarto clasificado.
Tamén do Club Artes Marciais Fene, salientan as tres medallas conseguidas polos/as judokas Alba Martínez (bronce na categoría cadete), Noa Fresco (bronce na categoría infantil) e Manuel Pérez (bronce na categoría alevín) no Trofeo Liceo La Paz de judo, disputado no colexio Liceo La Paz de A Coruña.
No eido futbolístico e logo de proclamarse campión de Liga, o Cultural Maniños confirmou esta fin de semana o seu ascenso a Primeira Autonómica, ao gañar ao CD Narón por 2-1 no campo do Pote.