A perda da inspiración dun poeta de moita sona desencadea unha viaxe polo Miño… Aventuras, amor, xeografía e moito Manuel María!

CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO

A perda da inspiración dun poeta de moita sona desencadea unha viaxe polo Miño… Aventuras, amor, xeografía e moito Manuel María!

Polo Correo do Vento contará unha historia na que os protagonistas percorren o Río Miño, seguindo moitas das paisaxes contadas e poetizadas por Manuel María, e tamén coñecendo algúns dos seus poemas. A actividade rematará cun obradoiro de debuxo da caricatura de Manuel María.
Actividade está dirixida a nenos/as a partir de 3 anos e a entrada é libre, ata completar o aforo.