CONCELLERÍA DE PERSOAL, SEGURIDADE, FORMACIÓN E EMPREGO
Nomeamento peón funcionario interino
12-05-2016
Requirir ao nomeado que proceda a tomar posesión no prazo improrrogable de cinco días hábiles desde a publicación desta resolución nesta páxina web do concello debendo achegar, con carácter previo, a seguinte documentación:- Certificado médico en impreso oficial do Colexio de Médicos e asinado por un colexiado en exercicio no que conste expresamente que ten “a capacidade funcional necesaria para traballar como peón – tractorista”.
- Declaración xurada de non estar incurso en incompatibilidade para ser persoal das Administracións Públicas e non ter sido separado nin inhabilitado do servizo público.- Copia compulsada do carné B de conducir