Arrinca o IX Concurso de Tapas de Fene

CONCELLLERÍA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA E TURISMO

Arrinca o IX Concurso de Tapas de Fene

Segundo informa o concelleiro de Promoción Económica e Turismo César Castro, un total de 22 establecementos de hostalería de casi todas as parroquias de Fene participarán nas dúas versións do concurso: tapa tradicional e tapa creativa. Serán os clientes os que xuzguen a súa calidade nas dúas categorías que contarán con tres trofeos cada unha.
A clientela que participe na consumición das tapas terá tamén os seu premios. Isto é, os que completen a Fenerruta dos 22 establecemnts participarán no seguinte sorteo:
- O primeiro premio será “3 días de Benestar”: estancia de 2 noites para dúas persoas, en SPA/Balnearios a elexir en toda España, con almorzos e tratamentos. Premio por cortesía de APC Servi Galicia.
- Un segundo premio “SPA & Gourmet”: estancia de 1 noite, para dúas persoas, en SPA/Balnearios a elexir en toda España, con almorzo e cea. Premio por cortesía de Santa Compaña Producciones.
Ademais todas as tarxetas cumprimentadas polos clientes nos propios establecementos entrarán no sorteo de dez premios:
Cinco ceas para dúas persoas (1º e 2º plato, postre, café e bebida)
Premios por cortesía dos seguintes establecementos:
•Cafetería Praza Verde
•Mesón O Aturuxo
•Restaurante Casa Raquel
•Restaurante Muíño do Vento
•Restaurante Tortoni
Cinco estuches de viños, por cortesía de Bodegas Barral
Nos días de concurso una charanga musical amenizará os establecementos concursantes.