A autoestima e a motivación académica obxectivos do programa Cinensino para este mes de maio

CONCELLERÍA DE IGUALDADE E BENESTAR

A autoestima e a motivación académica obxectivos do programa Cinensino para este mes de maio

Ao abeiro deste programa os centros escolares de primaria traballarán ao longo deste mes de maio a autoestima a través do visionado de "Anboy" mentras que o alumnado de secundaria abordará có visionado de “La profesora de historia” a motivación académica, as conductas de indisciplina como perturbadoras do rendemento académico.
“CINE e SAUDE” é asumido polos centros escolares ó que se lle facilita asesoramento, medios e formación imprescindible para que sexa impartido polo seu profesorado.
A ferramenta pedagóxica coa que se traballa é o cinema; mediante a proxección dunha película se vai profundizando e traballando en diferentes temas de interes relacionados coa prevención do consumo de drogas.
O programa vai dirixido á poboación escolar de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO, ao profesorado que imparten clases nestes niveis como axentes executores do mesmo e ás familias, que mediante as Anpas teñen a posibilidade de organizar sesións para traballar os contidos da película e con esa información desenvolver hábilidades educativas que provocarán un efecto multiplicador na promoción da saúde.