CONCELLERÍA DE DEPORTES
IV Mini BTT Concello de Fene
03-06-2016
As inscricións poden no mesmo lugar de celebración da proba o día 4 de xuño, en horario de 15.45 a 16.45 horas.Segundo informan dende a Concellería de Deportes de Fene, os/as participantes debererán traer bicicleta e casco.
Categorías e distancias:
. Prebenxamín (Aulas de Infantil / nacidos/as no 2010 e 2011) – 1 volta ao circuito.
. Promesas (1º e 2º de Primaria / nacidos/as no 2008 e 2009) – 2 voltas ao circuito.
. Principiantes (3º e 4º de Primaria / nacidos/as en 2006 e 2007) – 3 voltas ao circuito.
. Alevín (5º e 6º de Primaria / nacidos/as en 2004 e 2005) – 4 voltas ao circuito.
. Infantil (1º e 2º da ESO / nacidos/as en 2002 e 2003) – 5 voltas ao circuito.
Unha vez finalizada a proba, haberá un sorteo dunha bicicleta de 24'
Máis información:
. Departamento de Deportes (Avda. Naturais, 44, entrechán dereita, 15500 Fene). Tfno: 981 340 366. Caixa de correo: cultura.deportes@fene.gal
. Club BTT. Tfno. 627 906 472