Obradoiro de Bebidas Saudables no IES de Fene

CONCELLERÍA DE IGUALDADE E BENESTAR

Obradoiro de Bebidas Saudables no IES de Fene

Os obradoiros de bebidas saudables están dirixidos ao alumnado escolarizado en 1º e 3º de ESO, sendo os seus obxectivos:
  • Retrasar o inicio do consumo de alcohol.
  • Dar a coñecer bebidas non alcohólicas e favorecer o seu consumo.
  • Que o alumnado dispoña de información sobre o alcohol.
Os obradoiros son impartidos por mestres de hostelería do IES Fraga do Eume quenes enmarcan a actividade diferenciando as bebidas non alcohólicas, compoñentes e clasificación para logo pasar a facer unha demostración. Logo o alumnado escolle un combinado do recetario que se entrega previamente (batido ou coctel), o realizan e finalmente o degustan.
Posteriormente, noutras sesións realizanse outras actividades onde se parte da información que ten o alumnado sobre o alcohol, se aclaran dúbidas ou informacións erróneas e se rompen cos tópicos existentes, ademais de realizar dinámicas para traballar a importancia da toma de decisións e a presión de grupo.
Os materiais necesarios para a súa elaboración corren a cargo dos centros escolares.
Actividade subvencionada pola Consellería de Sanidade en colaboración cos centros de ensino.