O Concello de Fene concorre á convocatoria de obradoiros de emprego

CONCELLERÍA DE PERSOAL, SEGURIDADE, FORMACIÓN E EMPREGO

O Concello de Fene concorre á convocatoria de obradoiros de emprego

A inscrición neste rexistro é un requisito indispensábel para poder participar no obradoiro. Para formalizalo accédese AQUÍ Os requisitos para inscribirse no programa de garantía xuvenil son:
  • Estar empadroado en calquera localidade do territorio nacional español.
  • Ter máis de 16 anos e menos de 30, no momento de solicitar a inscrición no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
  • Non ter traballado nos 30 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
  • Non ter recibido accións educativas que leven consigo máis de 40 horas mensuais nos 90 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
  • Non ter recibido accións formativas que leven consigo máis de 40 horas mensuais nos 30 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
  • Presentar unha declaración expresa de ter interese en participar no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, adquirindo un compromiso de participación activa nas actuacións que se desenvolvan no marco da Garantía Xuvenil
Indicar que aínda que pendentes da súa aprobación as especialidades formativo ocupacionais solicitadas foron as seguintes:
  • TRABALLOS DE CARPINTERÍA E MOBLE, curso de nivel 1 que require estudos que require estudos primarios
  • ACTIVIDADES AUXILIARES EN VIVEIROS, XARDÍNS E CENTROS DE XARDINERÍA, curso de nivel 1 que require estudos primarios
  • ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO DOMICILIO, curso de nivel 2 que require estudos de ESO ou equivalente.
  • PINTURA INDUSTRIAL EN CONSTRUCCIÓN, curso de nivel 2 que require estudos de ESO ou equivalente.
  • OPERACIÓNS AUXILIARES DE ALBANELERÍA DE FÁBRICAS E CUBERTAS, curso de nivel 1 que require estudos primarios
Para máis información:
Concello de Fene, Area de Formación e Emprego “Pancho Allegue”, Avda. do Concello s/n, Teléfono 981 492 767. orientacion.laboral@fene.es