Obradoiro de Emprego para maiores de 18 anos

CONCELLERÍA DE PERSOAL, SEGURIDADE, FORMACIÓN E EMPREGO

Obradoiro de Emprego para maiores de 18 anos

Se ven fai uns días anuncíabamos a solicitude do Obradoiro Inicia I nesta ocasión informamos doutro Obradoiro de Emprego, programa mixto de colocación e formación dirixido a persoas desempregadas maiores de 18 anos, sendo as especialidades formativo ocupacionais solicitadas as seguintes:
  • ATENCIÓN SOCIOSANITARIA NO DOMICILIO, curso de nivel 2 que require estudos de ESO ou equivalente.
  • ACTIVIDADES AUXILIARES EN VIVEIROS, XARDÍNS E CENTROS DE XARDINERÍA, curso de nivel 1 que require estudos primarios.
  • OPERACIÓNS AUXILIARES DE ALBANELERÍA DE FÁBRICAS E CUBERTAS, curso de nivel 1 que require estudos primarios.
  • ACTIVIDADES AUXILIARES E DE APOIO AO BUQUE EN PORTO, curso de nivel 1 que require estudos primarios.
O programa está dirixido a formar durante 6 meses a persoas inscritas no Servizo Público de Emprego, coa realización de diversas obras e actuacións nos concellos participantes.
Para máis información:
Concello de Fene, Área de Formación e Emprego “Pancho Allegue”, Avda. do Concello s/n, Teléfono 981 492 767. orientacion.laboral@fene.gal