O luns 30 de maio pecha o prazo para presentar debuxos aos "Curuxas do Humor"

CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO

O luns 30 de maio pecha o prazo para presentar debuxos aos "Curuxas do Humor"

Os traballos poderán estar redactados en galego ou en calquera das linguas oficiais do Estado (debendo achegar neste caso o/a autor/a, xunto coa documentación requerida nas Bases, a traducción ao galego do texto). Tamén se admitirán traballos de humor mudo.
As obras enviaranse en paquete/sobre sen remite e facendo constar no exterior “Para o concurso de humor gráfico Curuxa 2016”, amais da categoría na que concursa. No interior deste primeiro sobre irá a obra (sólo identificada no reverso e a lápis co DNI do/a autor/a e o lema/seudónimo co que se presenta ao concurso) e un segundo sobre máis pequeno (tamén pechado) no que se especificará a categoría na que concursa (Curuxa Gráfica ou Curuxa Nova), o título da obra e o lema/pseudónico co que participa. No interior deste segundo sobre (plica) incluirase unha copia do DNI e datos de contacto (enderezo postal, teléfono, enderezo electrónico),un breve currículo e unha declaración responsable expresa de que a obra presentada é da súa autoria, inédita e orixinal. Tamén se achegará neste mesmo sobre un certificado de titularidade da conta bancaria na que, de recibir algún dos premios, quere que se lle faga o pagamento. No caso dos concursantes menores de idade, amais desta documentación xeral, deberán aportar unha fotocopia do DNI do pai/nai/titor legal así como a súa autorización escrita para participar no concurso.
O fallo do Xurado deste XX Concurso “Curuxa do Humor” darase a coñecer no último trimestre deste ano. Formarán parte do xurado o alcalde de Fene, a concelleira de Cultura e Ensino e tres humoristas gráficos ou expertos en humor gráfico nomeados polo Concello de Fene. Segundo se establece nas bases, as persoas que resulten premiadas “comprométense a recoller o premio na gala que a estes efectos programe o Museo do Humor.