Normas e límites

CONCELLERÍA DE IGUALDADE E BENESTAR

Normas e límites

Nesta sesións, impartidas pola pedagoga municipal, teñen como obxectivo aportar novas ferramentas e recursos educativos ao grupo de nais e pais ou outros membros da familia interesados en ampliar os seus propios coñecementos e favorecer así o apoio que poden aportar as súas fillas e fillos.
AS DATAS E HORARIOS:
  •  martes 31 de maio, sesión dirixida a familias con fillas/os cursando educación primaria ,a partir de 3º curso, 16:00 a 17:30 h
  •  mércores 1 de xuño, sesión dirixida a familias con fillas/os cursando educación infantil e 1º e 2º de primaria, 16:00 a 17:30 h   .
Actividade enmarcada no  proxecto de prevención de drogodependencias e condutas aditivas, da agrupación de concellos, no que se desenvolve programa MAIS QUE UN TEITO, subvencionado pola Consellería de Sanidade.
Neste programa se marcan os seguintes obxectivos:
- Mellorar as actitudes educativas e preventivas das familias.
- Promover e reforzar os factores de protección familiar, ao tempo que se pretende reducir o impacto dos factores de risco relacionados con este ámbito.
- Mellorar a habilidade dos participantes para o desenvolvemento de pautas consistentes na xestión familia
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS - AREA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal