CONCELLERÍA DE PERSOAL, SEGURIDADE, FORMACIÓN E EMPREGO
Anuncio nomeamento peón funcionario interino
31-05-2016
Requirir ao interesado que proceda a tomar posesión da praza de funcionario interino debendo achegar, nun prazo máximo de tres días hábiles, a seguinte documentación:- Certificado médico en impreso oficial do Colexio de Médicos e asinado por un colexiado en exercicio no que conste expresamente que teñen “a capacidade funcional necesaria para traballar como peón”.
- Declaración xurada de non estar incurso en incompatibilidade para ser persoal das Administracións Públicas e non ter sido separado nin inhabilitado do servizo público.
- Copia compulsada do carné B de conducir.Se no prazo indicado, o aspirante nomeado non presenta a documentación requirida, o resultado do recoñecemento médico fose “non apto” ou non toma posesión da praza de funcionario interino, quedará sen efecto o nomeamento realizado.