CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO
Entrega premios do VI Certame de Microrrelatos "Concello de Fene"
01-06-2016
Tal e como vimos informando na categoría A, dirixida aos alumnos/as de 5º e 6º de primaria, o primeiro premio recaeu no traballo titulado A viaxe vital, de Joel Alvariño Villavedre, alumno de 6º de primaria do CEIP Os Casais. Na categoría B (1º e 2º de ESO) resultou premiado o microrrelato titulado Unha viaxe para esquecer, de Paula Cutrín Calvo, alumna de 1º de ESO do IES de Fene. Na categoría C (3º e 4º de ESO) o primeiro premio foi para o traballo Regreso a Galicia, de Laura Rivera Cés, alumna de 4º de ESO do IES de Fene. Na categoría D (para bacharelato e ciclos formativos) o primeiro premio foi para o microrrelato Cartafol dun exiliado, de Ariadna Rocha López, alumna de 1º de Bacharelato do IES de Fene.Destacar que dende hoxe a sala de exposicións temporais da Casa da Cultura de Fene acolle a mostra dos traballos presentados ao III certame de creación artística "En galego? É o noso!", organizado pola Concellería de Cultura e Ensino. Trátase de composicións plásticas (debuxos, pinturas, colaxes e fotografías) realizadas por escolares de Fene (do Ceip Centieiras, Ceip Os Casais, CPI A Xunqueira, Ceip O Ramo e IES de Fene) e inspiradas en poemas de Manuel María. A partir do 10 de xuño, os traballos amosaranse na biblioteca municipal Xosemaría Pérez Parallé.