CONCELLERÍA DE DEPORTES
Exhibición das escolas deportivas municipais
01-06-2016
Por outra banda, dende a mesma concellería infórmanos dos prazos de reserva de prazas nas escolas deportivas municipais da piscina e do pavillón da Xunqueira para o curso 2016/2017, isto é, o próximo 13 de xuño e ata o 23 de xuño abrirá o prazo de reserva de prazas para os veciños e veciñas de Fene que estivesen matriculados nas actividades durante o mes de maio. Para os que estén empadroados noutros municipios, o prazo estará vixente entre o 27 de xuño e o 1 de xullo. En ambos casos, será requisito presentar o carné de usuario das escolas.O lugar e horarios para realizar o trámite será as dependencias administrativas do pavillón da Xunqueira de luns a venres de 8,30 a 14,30 horas e os días 15, 22 e 29 de xuño de 16.15 a 19.00 horas. As actividades propostas son, entre outras, aeróbic, zumba, baile moderno, fútbol sala, pilates, baloncesto, ioga, patinaxe, natación terapéutica, pilates en piscina…
Toda a programación, cos seus respectivos horarios e datas, está a disposición da veciñanza aquí e nos enlaces achegados.