CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO
A Concellería de Cultura e Ensino edita e publica os microrrelatos finalistas
02-06-2016
Os gañadores/as deste VI Concurso de Microrrelatos “Concello de Fene” foron: Joel Alvariño Villavedre, alumno do CEIP Os Casais (categoría A / 5º e 6º de primaria); Paula Cutrín Calvo, alumna do IES de Fene (categoría B /1º e 2º de ESO); Laura Rivera Cés, alumna do IES de Fene (categoría C / 3º e 4º de ESO); Ariadna Rocha López, alumna de Bacharelato do IES de Fene (categoría D / bacharelato e ciclos formativos).A entrega de premios do VI Concurso de Microrrelatos fíxose coincidir coa inauguración da exposición do III Certame de Creación Artística “En galego? É o noso!” que se poderá visitar na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura-Museo do Humor ata o vindeiro 10 de xuño. A partir desa data, a mostra pasará a expoñerse na Biblioteca Municipal “Pérez Parallé” de Fene.
O acto concluiu cun pequeno recital a cargo do dúo Son do Ar, formado por Amalia Guerrero (violín) e Manuel Tizón (guitarra), no que se puideron escoitar versións de grupos como U2, Aerosmith, Queen, Dire Straits, Bruno Mars, etc.
O VI Concurso de Microrrelatos e o III Certame de Creación Artística están organizados pola Concellería de Cultura e Ensino e os Equipos de Normalización Lingüística do Ceip Centieiras, Ceip O Ramo, Ceip Os Casais, CPI A Xunqueira e IES de Fene.