Fene celebrará a súa I Fashion Night o vindeiro 25 de Xuño

CONCELLERÍA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Fene celebrará a súa I Fashion Night o vindeiro 25 de Xuño

Segundo a propia concellería a implicación dos comerciantes e hosteleiros nesta xornada de ocio e compras en Fene será moi alta, xa que son 44 establecementos do concello os que xa solicitaron a súa participación.
O día 6 de Xuño ás 21 h. os establecementos participantes están convocados no salón de plenos do Concello á primeira xuntanza de coordinación para elaborar conxuntamente o programa de actividades.